Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 14 de marzo de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada no expediente disciplinario instruído a José Manuel Taboada López.

Con data do 10 de marzo de 2014, a conselleira de Facenda ditou resolución a través da cal se leva a efecto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia do 6 de marzo de 2014, ditado no expediente disciplinario instruído a José Manuel Taboada López.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, enviouse a notificación da citada resolución ao derradeiro enderezo coñecido de José Manuel Taboada López para os efectos de notificacións, sen que esta se puidese facer efectiva ao interesado.

Polo exposto, esta dirección xeral, de conformidade co disposto no citado artigo 59.5º da Lei 30/1992, en virtude deste anuncio, notifica a Resolución do 10 de marzo de 2014 da conselleira de Facenda.

O señor Taboada López poderá recoller a notificación da citada resolución mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 1-3º, Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo, entenderase efectuada a notificación para todos os efectos.

Contra a referida resolución o interesado poderá interpoñer reclamación previa á vía xudicial social ante a Consellería de Facenda no prazo de 20 días contado desde o seguinte ao da súa comparecencia para recoller a notificación da resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, de conformidade co establecido no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE número 245, do 11 de outubro).

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública