Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica resolución do expediente sancionador 2013137AL-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data 8 de xaneiro de 2014, a xefa territorial de Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2013137AL-OU a Bodegas Chicheno, S.L.U. (CIF B32317042), e domicilio en Quinta de Arriba, O Rosel-Oímbra, Verín (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase á empresa Bodegas Chicheno, S.L.U. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial sita na avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina Novagalicia Banco-Xunta modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de febreiro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2013137AL-OU.

Denunciado: Bodegas Chicheno, S.L.U.

DNI/NIF/CIF : B32317042.

Último enderezo coñecido: Quinta de Arriba, 32698 Verín (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: mil douscentos euros (1.200,00 €).