Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11075

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

ACORDO do 10 de marzo de 2014, da Mesa do Parlamento de Galicia, polo que se resolve o procedemento de provisión por libre designación do posto de xefe/a do Servizo de Publicacións (código AP 42) da Administración do Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 10 de marzo de 2014, logo de concluído o procedemento para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Publicacións da Administración do Parlamento de Galicia (convocatoria e bases publicadas no BOPG núm. 235, do 11 de febreiro de 2014 e no DOG do mesmo día), acordou nomear para o dito posto a Xermán García Cancela.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Mesa do Parlamento, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2014

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia