Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación de servizos (expediente 88648-301).

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Política de Benestar. Nº de expediente: 88648-301.

2. Obxecto do contrato: descrición: vixilancia e seguridade nas instalacións do centro de drogodependencias do Concello de Vigo (Cedro) e nas UBAS de Coia (rúa Quintela), Rivera Atienza, Teis e núcleo vello, así como o mantemento do sistema de seguridade antiintrusión e antiincendios nas instalacións de Cedro.

Lugar de execución: instalacións do centro de drogodependencias do Concello de Vigo (Cedro) e nas UBAS de Coia (rúa Quintela), Rivera Atienza, Teis e núcleo vello.

Prazo de execución: dous anos máis dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 136.145 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría A.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 5 de marzo de 2014

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación