Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11066

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2014 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais.

En virtude da Resolución do 23 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do 29 de xaneiro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 17 de outubro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueloutros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderarse interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo
da exclusión

Agenjo González, Sergio

53619192M

16, 20

Almeida Estévez, Aranzazu

53171315F

16, 20

Bermúdez Vidal, Ángeles

77592758G

16, 20

Borrajo Padrón, Demetrio

76719105Y

16, 20

Cerrajero Santos, Dalila

70880280F

16, 20

Fernández Álvarez, Carlos

53539241W

16, 20

Ferreiro Farto, María del Carmen

53118648X

16, 20

Gadea Marti, Jorge

20450158F

16, 20

González Agúndez, Adrián

33539848Y

18, 58

González Bartolomé, Sonia

70249354V

16, 20

González Prada, Alfonso

76721738V

16

Hernández Fumanal, Jorge

18054289W

16, 20

Iglesias Álvarez, Ana María

53548013B

16

Iglesias Calleja, Arkaitz

72403497A

16

López Álvarez, Carlos

78806434Q

16

López Casal, Roberto

32687733H

18, 58

López Costas, Marcos

36089406Z

16, 20

López Franco, Nuria María

33997117N

16, 20

Menéndez Calvin, Pablo

53517208A

18, 58

Moreno Arriero, Ignacio

02260900T

16, 20

Pascual Blanco, Blanca

74515809H

16, 20

Pérez de Juan Rodríguez, Javier

36126251J

16, 20

Ríos García, Vanessa María

44832164N

43

Silvestre Morales, Irene

53377769J

16, 20

Vázquez Vázquez, Hugo Manuel

47371522D

16, 20

Vélez López, Iván

44766083X

16, 20

Cota específica base I.1.2.

Apelidos e nome

NIF

Motivo
da exclusión

Baulo Cordal, Lois

76869320P

15

-ver pdf-

-ver pdf-

16

Quesado Pérez, Javier

36061214C

16

Código

Descrición

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

18

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido

20

Taxas non aboadas

43

Desistencia da solicitude

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado