Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10931

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación porcina en Vilaverde (Cereo).

Mª Elena Tato Villar solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación porcina en Vilaverde, Cereo (Coristanco).

En cumprimento do preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente atópase na Secretaría deste concello e pode consultarse nas horas de oficina.

Coristanco, 7 de marzo de 2014

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde