Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10941

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO de licitación do expediente de contratación número 2014000120.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de mediación de seguros privados para a Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.

3. Orzamento base de licitación: cero euros, dado que o contrato derivado deste expediente non supón custo económico directo para a CRTVG e TVG, S.A. As comisións máximas estimadas, que se percibirán das compañías aseguradoras, son as indicadas no número 6 do cadro resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución: dous anos.

5. Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía definitiva: 3.534,22 euros.

8. Obtención dos pregos de condicións e información: no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es.

9. Lugar de presentación das ofertas: Rexistro da Subdirección de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns da CRTVG e as súas sociedades, Bando, San Marcos, s/n,15820 Santiago de Compostela.

10. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Apertura de ofertas: realizarase na sede da CRTVG en Bando, San Marcos, s/n, Santiago de Compostela, na data e na hora que se publicarán no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2014

Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente de Planificación e Administración Xeral
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades