Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de rede de telecomunicacións corporativa da Xunta de Galicia (expediente 1/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 1/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo da rede de telecomunicacións corporativa da Xunta de Galicia: servizo de datos incluíndo malla troncal, rede corporativa de acceso e conexión á internet, mantemento de toda a infraestrutura de comunicacións e servizo de telefonía fixa e móbil.

b) División por lotes e número: si, 3.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de tres anos contados a partir da finalización do prazo de implantación. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. O orzamento máximo autorizado é de 32.437.704,00 € (trinta e dous millóns catrocentos trinta e sete mil setecentos catro euros), mais 6.811.917,84 € (seis millóns oitocentos once mil novecentos dezasete euros e oitenta e catro céntimos) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 39.249.621,84 € (trinta e nove millóns douscentos corenta e nove mil seiscentos vinte e un euros e oitenta e catro céntimos), distribuíndose nas seguintes anualidades segundo os lotes:

Lote 1: Rede corporativa multiservizo.

• 2014: 3.399.856,00 € + IVE (713.969,76 €) = 4.113.825,76 €.

• 2015: 6.852.096,00 € + IVE (1.438.940,16 €) = 8.291.036,16 €.

• 2016: 6.733.580,00 € + IVE (1.414.051,80 €) = 8.147.631,80 €.

• 2017: 3.300.562,00 € + IVE (693.118,02 €) = 3.993.680,02 €.

Total: 20.286.094,00 € + IVE (4.260.079,74 €) = 24.546.173,74 €.

Lote 2: Servizo corporativo de telefonía fixa.

• 2014: 1.147.506,00 € + IVE (240.976,26 €) = 1.388.482,26 €.

• 2015: 2.386.812,00 € + IVE (501.230,52 €) = 2.888.042,52 €.

• 2016: 2.482.283,00 € + IVE (521.279,43 €) = 3.003.562,43 €.

• 2017: 1.290.787,00 € + IVE (271.065,27 €) = 1.561.852,27 €.

Total: 7.307.388,00 € + IVE (1.534.551,48 €) = 8.841.939,48 €.

Lote 3: Servizo corporativo de telefonía móbil.

• 2014: 760.705,00 € + IVE (159.748,05 €) = 920.453,05 €.

• 2015: 1.582.268,00 € + IVE (332.276,28 €) = 1.914.544,28 €.

• 2016: 1.645.558,00 € + IVE (345.567,18 €) = 1.991.125,18 €.

• 2017: 855.691,00 € + IVE (179.695,11 €) = 1.035.386,11 €.

Total: 4.844.222,00 € + IVE (1.017.286,62 €) = 5.861.508,62 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20118

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 7.4.2014.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 27.9.2013.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 7.3.2014.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia