Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un afectado por un recurso contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Villestro-Figueiras II (Santiago de Compostela).

De conformidade co disposto no artigo 59, ordinais 2 e 5 da Lei 30/1992, do 26 de setembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por non ser posible achegarlle a notificación persoal, emprázase a Antonio María Froilán Piay para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia correspondente a un recurso de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Villestro-Figueiras II (Santiago de Compostela-A Coruña).

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Coruña, 25 de febreiro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña