Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10816

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de febreiro de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1,
escala de arquitectos/as

Tribunal titular:

Presidencia:

– José Ángel Riva Cabanas, arquitecto municipal do Concello de Lugo.

Secretaría:

– Beatriz Moar Ulloa, arquitecta municipal do Concello da Coruña.

Vogais:

– Ana Belén Díaz Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

– Fernando Cachafeiro García, profesor titular de Dereito Mercantil da Universidade da Coruña.

– Pablo Costa Buján, profesor titular da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– María Jesús López López, persoal funcionario do corpo técnico superior da Administración especial, categoría de arquitecta, do Concello de Lugo.

Secretaría:

– Laura María Gónzalez-Dopeso Portela, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– María Dolores Méndez Torres, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

– María Encarnación Nieto Zas, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos/as.

– Manuel Freire Tellado, profesor titular da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.