Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2014 (2 lotes), actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 5/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2014.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19935

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 238, do 13 de decembro de 2013.

e) División por lotes e número: 2 lotes.

Lote nº 1: Alimentaria Barcelona 2014 (do 31 de marzo ao 3 de abril); Europea Seafood Exposition Bruxelas 2014 (do 6 ao 8 de maio); Expomar Cabo Verde 2014, Mindelo (datas sen determinar aprox. outubro-novembro).

Lote nº 2: Expoxantar Ourense 2014 (do 5 ao 9 de febreiro); Forum Gastronómico da Coruña 2014 (do 23 ao 25 de febreiro); Navalia Vigo 2014 (do 20 ao 22 de maio); Salimat Silleda 2014 (do 12 ao 15 de xuño); Conxemar 2014 Vigo (outubro); Femaga A Coruña 2014 (decembro).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 695.000,00 €, IVE (21 %): 145.950,00 €. Importe total: 840.950,00 €.

Valor estimado: 695.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote 1:

a) Data da resolución de adxudicación: 3 de febreiro de 2014.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 420.965,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 88.402,65 €.

Importe total: 509.367,65 €.

d) Data de formalización do contrato: 4 de febreiro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, ao obter a maior puntuación no procedemento.

Lote 2:

a) Data da resolución de adxudicación: 3 de febreiro de 2014.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 178.288,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 37.440,48 €.

Importe total: 215.728,48 €.

d) Data de formalización do contrato: 20 de febreiro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, ao obter a maior puntuación no procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar