Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10539

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 27 de febreiro de 2014 pola que se nomean novos vogais da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, por parte das organizacións sindicais e empresarial máis representativas a nivel da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 21 de febreiro de 2008 (DOG nº 45, do 4 de marzo), pola que se crea a Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, establece no seu artigo 1 a creación da dita comisión como órgano colexiado asesor da Comisión Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social na Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de traballo.

Concretamente no seu artigo 2, establécese a composición e procedemento de designación das persoas membros da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia.

Ao abeiro do previsto na devandita orde realizáronse as propostas de nomeamento das persoas titulares e suplentes por parte das organizacións empresariais e as organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia, con base nas cales foron nomeados os referidos representantes mediante Orde do 10 de setembro de 2008.

Unha vez finalizado o mandado dos membros non natos desta Comisión Consultiva, segundo o establecido no artigo 2.4 a Orde do 21 de febreiro de 2008, da súa creación, mediante esta orde, procédese á súa renovación.

Por todo o exposto, obtidos os informes oportunos para a súa tramitación, en uso das facultades que teño conferidas, ao abeiro do referido artigo 2.4 parágrafo segundo da Orde do 21 de febreiro de 2008,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Nomear como vogais da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, por proposta das organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma, as persoas que se relacionan a seguir:

– Pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia:

Titular: José Domingo Barros Montáns.

Suplente: José Carlos Rodríguez del Río.

– Polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia:

Titular: Maica Bouza Seoane.

Suplente: Ascensión Esteban Ceballos.

– Pola Confederación Intersindical Galega:

Titular: Miguel Anxo Malvido Cabirto.

Suplente: Manuel Currás Meira.

2. Nomear como vogais da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, por proposta da organización empresarial máis representativa, as persoas que se relacionan a seguir:

Titular: Antón Arias Díaz-Eimil.

Titular: Jaime Luís López Vázquez.

Titular: Enrique Mallón Otero.

Suplente: Sonia María Fernández Barciela.

Suplente: Ricardo Sánchez Vizoso.

Suplente: José Antonio Neira Cortés.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar