Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 25 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Granitos San José, S.L., con CIF B-36835429, a resolución de caducidade das cuadrículas mineiras restantes do permiso de investigación Pé da Múa número PO/C/03058, situado nos termos municipais de Cotobade e Ponte Caldelas.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Granitos San José, S.L., con CIF B-36835429, con último enderezo coñecido en rúa Príncipe nº 43, 3º C, Vigo, Pontevedra, a resolución de caducidade das cuadrículas mineiras restantes do permiso de investigación Pé da Múa nº PO/C/03058 como titular del, pola causa prevista no artigo 108.c) do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra a presente resolución, que pon fin a vía administrativa, o interesado poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra