Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013164TA-OU incoado por infracción en materia sanitaria.

Con data do 27 de xaneiro de 2014, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2013164TA-OU incoado na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Sanidade a González y Otro, C.B., Martín, propietario do Café Bar Especial Down 31, CIF 34926147A, con domicilio na rúa Valle Inclán, 31, soto 32004 Ourense.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a González y Otro, C.B., Martín, propietario do Café Bar Especial Down 31, CIF 34926147A, con domicilio na rúa Valle Inclán, 31, soto, 32004 Ourense, o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de febreiro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013164TA-OU.

Denunciada: González y Otro, C.B., Martín, propietario do Café Bar Especial Down 31.

Documento de identificación: CIF 34926147A.

Último domicilio coñecido: rúa Valle Inclán, 31, soto, 32004 Ourense.

Feitos imputados: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).