Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de marzo de 2014 de ampliación do prazo inicial sinalado na Resolución do 8 de xaneiro de 2014 pola que se anuncia o período de consulta pública dos resultados do estudo para a determinación do réxime de caudais ecolóxicos das masas de auga superficiais da categoría río da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e de solicitude de inclusión no Rexistro de partes interesadas para a realización do proceso de concertación.

O director de Augas de Galicia ditou, o 5.3.2014, resolución pola que, de acordo co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, amplíase en 23 días o prazo outorgado inicialmente pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia o 17.1.2014, do período de consulta pública dos resultados do estudo para a determinación do réxime de caudais ecolóxicos das masas de auga superficiais da categoría río da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e de solicitude de inclusión no Rexistro de partes interesadas para a realización do proceso de concertación, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Indícase que a devandita resolución de ampliación de prazo non é susceptible de recurso, de acordo co previsto no artigo 49 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia