Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10366

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 25/2014, do 6 de marzo, polo que se dispón que cese Manuel Fernández de Sousa-Faro como presidente do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

O 8 de novembro de 2012, Manuel Fernández de Sousa-Faro presentou escrito de renuncia á súa condición de presidente do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

En virtude do establecido nos artigos 5.3 do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de marzo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Manuel Fernández de Sousa-Faro como presidente do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, seis de marzo de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria