1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Obtención da documentación e información:
1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.
2. Enderezo: Doutor Ulises Romero, 1, 2ª planta.
3. Localidade e código postal: Lugo 27003.
4. Teléfonos: 982 29 70 77/982 29 62 29/982 29 62 15.
5. Telefax: 982 29 65 92.
6. Correo electrónico:
ContratacionAdm.XAPL@sergas.es ou ana.dieguez.mendez@sergas.es
7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.
d) Número de expediente: AB-EIL1-14-006.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo de xestión integral de residuos sanitarios específicos (clase III) e químicos (clase IV) xerados nos centros dependentes desta xerencia.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega:
1. Enderezo: véxanse pregos de cláusulas administrativas particulares.
2. Localidade e código postal: véxanse pregos de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo de execución/entrega: seis meses.
f) Admisión de prórroga: si. Véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.
h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.
i) CPV (referencia de nomenclatura): 90524400-0.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: setecentos vinte e nove mil vinte e sete euros (729.027,00 €).
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: cento oitenta e seis mil novecentos trinta euros (186.930,00 €). Importe total: douscentos cinco mil seiscentos vinte e tres euros (205.623,00 €).
6. Garantías exixidas.
Provisional (importe): non.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), de ser o caso: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Outros requisitos específicos: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 7.4.2014.
No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.
2. Enderezo: Doutor Ulises Romero, 1, 2ª planta.
3. Localidade e código postal: Lugo 27003.
4. Enderezo electrónico:
ContratacionAdm.XAPL@sergas.es ou ana.dieguez.mendez@sergas.es
d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.
e) Admisión de variantes, se procede: non.
f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.
b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti, rúa Doutor Ulises Romero, 1, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: Lugo 27003.
d) Data e hora: a data e a hora de realización das mesas de apertura do sobre B e do sobre C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 19.2.2014.
12. Outras informacións.
Lugo, 19 de febreiro de 2014
Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos