Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia no concello de Vilanova de Arousa e, subsidiariamente, noutros concellos da provincia de Pontevedra.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 8/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia no concello de Vilanova de Arousa e, subsidiariamente, noutros concellos da provincia de Pontevedra, por procedemento aberto e tramitación urxente.

b) Lugar de execución: Pontevedra.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. O orzamento máximo de licitación total previsto estímase nun millón cincocentos doce mil cincocentos euros (1.512.500 €) no cal está incluído o IVE do 4 %.

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social, Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: 981 54 56 50 e 981 54 29 06.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.3.2.1), documentación administrativa sobre nº 1, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20178

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar