De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o trámite relativo á suspensión condicional que solicitou no seu día.
Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 63).
Nº de expediente: PESAN1 2013/215-5.
Beneficiario: Lamberto Hernando Gil.
NIF: 16764927C.
Enderezo: Camiño das Presas, nº 20, 36350 Nigrán, Pontevedra.
Trámite: resolución de outorgamento da suspensión condicional da execución da sanción por un prazo de 9 meses.
Prazo para presentar recurso de reposición: un (1) mes.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2014
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar