Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10272

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense,Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos vacantes de coordinador/a de servizo de Atención Primaria, para cubrir por persoal diplomado sanitario.

A resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro oficial de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días hábiles, desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 18 de febreiro de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras