Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013145TA-OU, incoado por infracción en materia sanitaria.

O 13 de decembro de 2013, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2013145TA-OU incoado na Xefatura Territorial de Ourense a Ortega Rodríguez, Manuel, DNI: 34606469W, propietario do Café Bar La Colmena, con domicilio na rúa Portocarreiro, A , nº 1, baixo, 32003 Ourense.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Ortega Rodríguez, Manuel, DNI: 34606469W, propietario do Café Bar La Colmena, con domicilio na rúa Portocarreiro, A, nº 1, baixo, 32003 Ourense, o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de febreiro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013145TA-OU.

Denunciado: Ortega Rodríguez, Manuel, propietario do Café Bar La Colmena.

Documento de identificación: DNI 34606469W.

Último enderezo coñecido: rúa Portocarreiro, A, nº 1, baixo, 32003 Ourense.

Feitos imputados: infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.2.a) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve/grave.

Sanción proposta: seiscentos cincuenta e un euros (651,00 €).