Pola presente faise público, para xeral coñecemento, que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o 10 de febreiro de 2014, vista a proposta do titular, en virtude do establecido no artigo 19 dos estatutos do Instituto de Estudos do Territorio, ditou orde pola que se dispón:
– Deixar sen efecto o nomeamento de José Norberto Uzal Tresandí como vogal titular.
– Nomear como vogal titular, en representación da consellería con competencia en materia de administración pública, a José Alberto Pazos Couñago, director xeral de Administración Local, no Consello Reitor do Instituto de Estudos do Territorio.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014
Manuel Borobio Sanchiz
Director do Instituto de Estudos do Territorio