Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 14 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lles require documentación ás persoas solicitantes de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59, 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos/as interesados/as, requírense para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, acheguen os documentos que se indican no anexo, advertíndolles que, de non facelo así, se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado, e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, nº 9).

A Coruña, 14 de febreiro de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Beiroa Gallego, Aldara

45906115R

499/I/13

Noia

DNI, padrón e datos bancarios

Desistido

Edreira Guillín, Alejandro

47363080P

472/I/13

A Coruña

Residencia

Desistido

López Ameneiros, Manuel

32637377D

638/I/13

Ferrol

Sentenza de divorcio

Desistido

Polo Taibo, José Norberto

32590253N

844/X/13

Ferrol

Datos convivencia

Desistido

Quispe Chalco, Lucrecia

X0803396Y

625/I/13

A Coruña

Padrón e datos de convivencia

Desistido