Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 154/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMTA, CT O Bosque.

Situación: concello de Cabana de Bergantiños.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea (LMTA) existente a 20 kV (expediente 8047), no tramo con orixe no apoio existente nº 14 da LMT CBA-804 Laxe (expediente IN407A 2005/137), e final no novo apoio nº 3 da liña derivada ao CT O Bosque, coa instalación de novo condutor LA-56-54,6 mm² nunha lonxitude de 0,149 km.

Reforma da actual caseta de obra civil do CT O Bosque, en que se instalará un transformador de 250 kVA con relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, nova rede de terras e cadro de baixa tensión con interruptor-seccionador en carga.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de febreiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña