Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9749

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Triacastela

ANUNCIO de información pública sobre explotación mineira Don Isidro.

Cementos Cosmos, S.A., solicitou licenza urbanística para a explotación mineira Don Isidro. En cumprimento do disposto polo número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin e que durante este que comezará a contarse desde o seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Triacastela, 14 de febreiro de 2014

M. Olga Iglesias Fontal
Alcaldesa