Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 69/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 69/2011 e acumulada, por instancia de Antonio Jamardo Rodríguez contra a executada Santiago Piñeiro Rodríguez, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 13 de febreiro de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia parcial, por importe de 26.433,09 euros de principal, máis 1.270,24 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial