Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica o inicio da procedencia do reintegro de axuda ao programa de incentivos á contratación de persoas traballadoras, regulada na Orde do 4 de maio de 2010, relativa ao expediente TR348B 2010/1-0.

O 23 de xaneiro de 2014, o director xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar ditou resolución pola que se acorda o inicio do procedemento do reintegro de axuda concedida á empresa Xarodelia, S.L., con número de expediente TR348B 2010/1-0.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle á interesada un prazo de dez días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta dirección xeral.

Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sitas na rúa San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2010/1-0.

Beneficiaria: Xarodelia, S.L.

CIF: B70210604.

Último enderezo coñecido: r/ Real, 35, 2º, 15003 A Coruña.

Procedemento: incentivos á contratación de persoas traballadoras.

Data da resolución de concesión: 10.8.2010.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: número 1 da base sétima do anexo B da Orde do 4 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación de persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio).

Contía da subvención percibida: 6.000 euros.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.