Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9467

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (739/2004-17-A).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto, anuncio:

Neste procedemento de extensión de efectos 739/2004-17-A, seguido por instancia de Carlos Araujo Suárez contra a Subsecretaría de Defensa, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Acorda: que debemos denegar e denegamos a petición formulada por Carlos Araujo Suárez de extensión dos efectos da Sentenza 357/2006 do 12 de abril, ditada no recurso 739/2004, sen facer expresa imposición de custas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, coa advertencia de que esta é susceptible, de conformidade co disposto no artigo 87 da LRXCA, de recurso de casación, que se deberá preparar mediante a presentación previa de recurso de reposición ante esta sala no prazo dos 5 días seguintes á notificación do presente auto.

Así o acordamos, mandamos e asinamos as persoas anotadas na marxe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Carlos Araujo Suárez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 13 de febreiro de 2014

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial