Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2014, da Área de Recadación, polo que se relaciona requirimento de documentación en relación coa terzaría de dominio pendente de notificar e se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia (Celestino Granja Acevedo).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase requirimento de documentación en relación coa terzaría de dominio pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado

NIF

Enderezo

Procedemento

Celestino Granja Acevedo

36094637-R

Camiño Ladeira, número 2 DR

36393 Baiona, Pontevedra

Terzaría de dominio