Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2014/26-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: soterramento liñas 66 kV entrada subestación Ponte Sampaio.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas:

Tramos subterráneos con condutor RHZ1:

1. LAT 66 kV Ponte Sampaio-Ponte Caldelas: 106 metros, con orixe no apoio 34.

2. LAT 66 kV Ponte Sampaio-Renfe/Redondela: 126 metros con orixe no novo apoio 381 PAS. Tramo aéreo de 51,38 metros con condutor LA-180, do apoio 382 ata o 381 PAS.

3. LAT 66 kV Mourente-Ponte Sampaio: 49 metros con orixe no novo apoio 381 PAS. Tramo aéreo de 32,63 metros con condutor LA-180, do apoio 380 ata o 381 PAS.

4. LAT 66 kV Ponte Sampaio-Cangas: 81 metros con orixe na cámara de empalme.

Os tramos subterráneos finalizan nas terminais enchufables das celas blindadas da subestación de Ponte Sampaio, situada no termo municipal de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra