Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de febreiro de 2014 pola que se notifica resolución de desafiuzamento administrativo de departamento con destino a almacenamento para equipamento no porto de Cangas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Cangas a Francisco Javier Rosendo Pérez resolución que decreta o desafiuzamento administrativo e, en consecuencia, a plena recuperación para o dominio público portuario do departamento número 16 de Cangas destinado a almacén de equipamento, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito na avenida José M. Castroviejo, 49-1º, Cangas, Pontevedra.

Segundo informe da Xefatura da Zona Sur, por atoparse vencida a anterior autorización, remitíronse requirimentos para solicitar nova autorización ou proceder ao desaloxo do departamento o 17 de outubro e o 5 de decembro de 2012, e o 9 de outubro de 2013, e a Presidencia de Portos de Galicia efectúa o 4 de decembro de 2013 requirimento previo de desafiuzamento.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese ao abeiro do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

Outórgase un derradeiro prazo de 10 días hábiles contados desde a publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia ou da súa exposición no taboleiro de edictos do Concello de Cangas para proceder ao desaloxo e retirada voluntarias da instalación, debendo ser retirados nese prazo todos os elementos, materiais ou equipamentos que sexan da propiedade do ocupante e que non se atopen unidos de maneira fixa ao inmoble que non poderá experimentar ningún quebrantamento. En caso de incumprimento, Portos de Galicia executará de maneira forzosa e por conta do ocupante as actuacións tendentes á recuperación.

Ao abeiro do establecido no artigo 103 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e no 125 da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución das actuacións que quedan descritas empregarase, de ser preciso, o auxilio das forzas e corpos da seguridade do Estado.

O desaloxo voluntario dentro deste derradeiro prazo, coa entrega das chaves, será notificado á oficina portuaria sita no porto de Cangas.

Contra o exercicio da presente potestade non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa e é inmediatamente executiva, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, perante, á elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2014

José Juán Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia