Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo para o deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade 2013 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, actuación cofinanciada polo Feader nun 75 %, medida 511 (expediente 45/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: traballos de deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade dirixida á sociedade galega en xeral para informar respecto do Programa de desenvolvemento rural de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19463

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 172, do 10 de setembro de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 148.221,69 €, IVE (21 %): 31.126,55 €. Importe total: 179.348,24 €.

Valor estimado: 148.221,69 €.

5. Financiamento: fondos propios e Feader nun 75 %.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 12 de novembro de 2013.

b) Adxudicataria: Europublic Comunicación, S.L.

c) Importe: 179.348,24 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 13 de novembro de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración (ao ter a oferta técnica mellor valorada e ter obtido a maior puntuación no procedemento).

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar