Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9334

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se modifican as resolucións (ST) 5/2013 á 15/2013, ambas as dúas incluídas, relativas ás convocatorias para vinculación temporal de diversas prazas de facultativo especialista de área.

A Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, en virtude das competencias atribuídas na Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da resolución pola que se modifican as resolucións (ST) 5/2013, 6/2013, 7/2013, 8/2013, 11/2013, 12/2013, 13/2013, 14/2013 e 15/2013 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro de 2014) e (ST) 9/2013 e 10/2013 (Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2014), relativas ás convocatorias para a vinculación temporal de diversas prazas de facultativo especialista de área.

A citada resolución estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Vigo, 6 de febreiro de 2014

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo