Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo de transporte de roupa limpa e sucia entre o Hospital Universitario Lucus Augusti e outros centros dependentes desta xerencia e a lavandaría do Hospital Universitario A Coruña (AB-EIL1-13-008).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Rúa Doutor Ulises Romero, 1 (27003) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-13-008.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: xestión e transporte da roupa limpa e sucia entre o Hospital Universitario Lucus Augusti e outros centros e a lavandaría do Hospital Universitario A Coruña.

c) Lote (de ser o caso): único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 3 de agosto de 2013 no DOUE, 21 de agosto no BOE e 13 de agosto no DOG.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 561.509,68 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 224.603,87 euros. Importe total: 271.770,68 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15 de xaneiro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 1 de febreiro de 2014.

c) Contratista: Severiano Servicio Móvil, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto 220.426,20 euros. Importe total 266.715,70 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a organización do servizo é moi completa e oferta unha serie de melloras que redundan na eficiencia do servizo.

Lugo, 19 de febreiro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos