Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9249

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.

En virtude das competencias da Consellería de Traballo e Benestar, atribuídas polo Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, e de acordo co disposto no artigo 14.4 da Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Pontevedra, mediante resolución da xefa territorial, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Orde do 31 de decembro de 2011. A relación de subvencións concedidas atópase no anexo desta resolución.

Vigo, 5 de febreiro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

Anexo

Beneficiario: asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e ás súas respectivas federacións (ámbito provincial).

Aplicación orzamentaria: 2012.12.07.313A.481.0.

Orzamento: 30.000 €.

Beneficiario

Provincia

Proxecto

Concedido

Asoc. Rec. e Cult. Marexada

Pontevedra

I Xornadas de xuventude e tempo libre

4.000,00 €

Asoc. Xuv. Xentenova

Pontevedra

Bule-Bule

1.800,00 €

Asoc. Xuv. Xuntanza Xuv.

Pontevedra

Mes de okupación moceiril

4.000,00 €

Centro Xuv. Abertal

Pontevedra

Alternativa vaivén

3.500,00 €

Asoc. Xuv. Altamar

Pontevedra

Proxecto de desenvolvemento xove

2.000,00 €

Club Montañeiros Celtas

Pontevedra

Mocidade e lecer na montaña

2.800,00 €

Xogos de Rol Cancerbero

Pontevedra

Obradoiro de relatos de ciencia ficción

3.200,00 €

Asoc. Eira Vella

Pontevedra

Nós Todos 2012

4.000,00 €

Asoc. Xogáis

Pontevedra

Galicia Canal 24 h. Coopera e Vesa

2.000,00 €

Asoc. Persoas Sordas de Vigo

Pontevedra

A xuventude xorda participa II

2.700,00 €