Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se empraza a Carmen Bouza Prieto no P.O. 220/2013, do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, interposto por José Antonio Novo Castillo contra a desestimación do recurso de reposición presentado contra a Resolución do conselleiro de Medio Rural, do 21 de novembro de 2011, pola que se denegara a segregación de terreos particulares do Tecor A Galgueira (C-10.211).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a interesada, notifícaselle a Carmen Bouza Prieto o emprazamento no procedemento ordinario 220/2013, do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, interposto por José Antonio Novo Castillo, contra a desestimación do recurso de reposición presentado contra a resolución do conselleiro do Medio Rural, do 21 de novembro de 2011, pola que se denegara a segregación de terreos particulares do Tecor A Galgueira (C-10.211). A interesada poderá comparecer ante o xulgado como demandada no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Faise constar que o expediente foi remitido por esta Secretaría Xeral Técnica ao Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol o día 23 de xaneiro de 2014.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas