De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación e devolta dúas veces polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director xeral de Política Financeira e Tesouro.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta dirección xeral (Consellería de Facenda), sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014
Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro
ANEXO
Expediente: Resolución do 4 de febreiro de 2014.
Interesada: Pollán e Hijos, S.L.
Acto notificado: resolución pola que se declara a existencia dun crédito a favor da Tesouraría da Comunidade Autónoma contra Pollán e Hijos, S.L. e o inicio do procedemento para a súa reclamación ao abeiro do disposto no artigo 10 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, que regula a concesión de avais do Igape.