Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica o acordo do Consello da Xunta de Galicia sobre a prevalencia da utilidade pública do modificado do proxecto de construción da plataforma da liña de alta velocidade Madrid-Galicia, tramo Miamán-Ponte Ambía.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase o interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo do Consello da Xunta de Galicia sobre a prevalencia de utilidade pública do modificado do proxecto de construción da plataforma da liña de alta velocidade Madrid-Galicia, tramo Miamán-Ponte Ambía.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

Contra o dito acordo poderá interpoñerse recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: prevalencia da utilidade pública do proxecto da liña de alta velocidade AVE Madrid-Galicia, tramo Miamán-Ponte Ambía.

Interesado: presidente da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común Ribeira Longa.

Acto de notificación: acordo do Consello da Xunta de Galicia.

Último enderezo coñecido: parroquia de Santo Estevo de Ambía, Baños de Molgas, Ourense.