Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9020

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 117, do 20 de xuño).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.02.322C.472.6 e 11.02.322C.481.0 ao abeiro da Orde do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80 % no tema prioritario 71, eixe 2 do programa operativo do FSE de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007.

Convocatoria: Orde do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 117, do 20 de xuño).

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
TR 356A Incentivos ás empresas de inserción (EIL)

Entidade beneficiaria

Concedido (2013)

Aplicación orzamentaria

Compostela Inserta Empresa de Inserción

9.020,55

11.02.322C.472.6

Coroceiro E.I.L., S.L.U.

44.929,00

11.02.322C.472.6

Eil Cormo Integral, S.L.

142.677,85

11.02.322C.472.6

Emprende Futuro E.I.L., S.L.

2.545,42

11.02.322C.472.6

Sercoga E.I.L.

32.147,69

11.02.322C.472.6