Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9025

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 161, do 26 de agosto).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.02.322C.470.1, 11.02.322C.472.6 e 11.02.322C.481.0 ao abeiro da Orde do 19 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Estas subvencións son cofinanciables polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80 %, no eixo 2, tema prioritario 71, a través do programa operativo do Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013 no marco de converxencia CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola decisión da Comisión Europea C (2007) 6733, do 18 de decembro.

Convocatoria: Orde do 19 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 161, do 26 de agosto).

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO B
Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario

Entidade beneficiaria

Concedido (2013)

Aplicación orzamentaria

Asociación Bata

4.037,92

11.02.322C.481.0

Asociación Coruñesa de Promoción del Sordo

13.574,78

11.02.322C.481.0

Asociación Persoas con Discapacidade de Ourense

139,33

11.02.322C.481.0

Asociación Síndrome de Down-Coruña

7.311,64

11.02.322C.481.0

Asociación Síndrome de Down-Lugo

6.930,00

11.02.322C.481.0

Asociación Síndrome de Down-Teima de Ferrol

4.114,57

11.02.322C.481.0

Asociación Síndrome de Down Ourense

7.033,33

11.02.322C.481.0

Asociación Síndrome Down-Pontevedra

22.196,07

11.02.322C.481.0

Asociacion Pont. Síndrome D. Xuntos.

2.915,00

11.02.322C.481.0

Feafes Galicia

34.124,73

11.02.322C.481.0

Fundación Down Compostela

3.947,81

11.02.322C.481.0