Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9030

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á formación e contratación –Programa Forcon– cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 105, do 4 de xuño).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.322C.472.3 ao abeiro da Orde do 27 de maio de 2013 pola que establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á formación e contratación –Programa Forcon– cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.

Estas axudas son financiables polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80 % no eixe 2 e tema prioritario 66, a través do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007.

Convocatoria: Orde do 27 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á formación e contratación –Programa Forcon– cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 105, do 4 de xuño).

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
TR 370A Incentivos á formación e contratación-Programa Forcon

Entidade beneficiaria

Concedido (2013)

Aplicación orzamentaria

Consulting de Ingeniería e Instalaciones, S.L.

5.000,00

11.02.322C.472.3

Transformaciones Globales, S.L.

2.500,00

11.02.322C.472.3