Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8725

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2014 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a superior de telecomunicacións, grupo I, desta universidade, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 3 de decembro de 2013 (DOG do 16 de decembro e BOE do 24 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a superior de telecomunicacións, grupo I, da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela