Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos necesarios para o desenvolvemento dunha campaña de promoción de produtos pesqueiros e da acuicultura, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 42/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para o desenvolvemento dunha campaña de promoción de produtos pesqueiros e da acuicultura por medio de valados publicitarios, TV, radio, así como material de promoción destinado aos puntos de venda polo miúdo.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19382

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 164, do 29 de agosto de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 195.000,00 €. IVE (21 %): 40.950,00 €. Importe total: 235.950,00 €.

Valor estimado: 195.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 30 de xaneiro de 2014.

b) Adxudicataria: Ingenio Media, S.L.

c) Importe: 170.229,01 € (sen IVE).

IVE 21 %: 35.748,09 €.

Importe total: 205.977,10 €.

d) Data de formalización do contrato: 5 de febreiro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar