De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo instrutor.
A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.
Lugo, 14 de febreiro de 2014
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN635C 2013/96-2.
Interesado: José Cándido Lamas Incógnito.
Último domicilio coñecido: rúa Franco, 64, Guitiriz, Lugo.
Acto notificado: proposta de resolución.