Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 10 de febreiro de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02009-O-2013 e XC-02051-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles de que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, os interesados deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará neste servizo de mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02009-O-2013

4128-FFV

Garda Civil 1500 M99561Y

Linotrans, S.L.

B98314479

Santísima Trinidad, 73

46290 Alcàsser

Valencia

Diminución do descanso diario reducido en máis dunha (1) hora (sobre 9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

21.3.2013; 16.55; A-6; 567

Art. 142.19 LOTT

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02051-O-2013

4424-FWR

Garda Civil 1501 H45914F

Manuel Casas Gendra

33277753L

Bálsoma-San Caetano

15704 Santiago de Compostela

A Coruña

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

27.3.2013; 8.00; N-WI; 581,00

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros