Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).
Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013 (publicado no BOE do 23 de abril por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de abril de 2013).
Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.
Esta reitoría
RESOLVE:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Avogacía pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.
Vigo, 13 de febreiro de 2014
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Avogacía
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Universidades participantes: Vigo en colaboración cos ilustres colexios de avogados de Vigo e Ourense.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.
Tipo de materia |
ECTS |
Obrigatorias |
54 |
Optativas |
0 |
Prácticas externas |
30 |
Traballo fin de máster |
6 |
Créditos totais |
90 |
Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.
Materia |
ECTS |
Carácter |
Módulo |
Deontoloxía, Organización Profesional e Quenda de Oficio |
5 |
Obrigatorio |
Básico |
Práctica Extraxudicial |
3 |
Obrigatorio |
|
Práctica Civil I |
6 |
Obrigatorio |
Civil |
Práctica Mercantil |
3 |
Obrigatorio |
|
Práctica Civil II |
7 |
Obrigatorio |
|
Práctica Penal I |
6 |
Obrigatorio |
Penal |
Práctica Penal II |
6 |
Obrigatorio |
|
Práctica Administrativa |
7 |
Obrigatorio |
Administrativo |
Práctica Tributaria |
3 |
Obrigatorio |
|
Práctica Laboral e de Seguridade Social |
8 |
Obrigatorio |
Laboral |
Prácticas Externas Básicas |
6 |
Obrigatorio |
Prácticas externas |
Prácticas Externas |
24 |
Obrigatorio |
|
Traballo Fin de Máster |
6 |
Obrigatorio |
Traballo fin de máster |
Para a obtención do título de Máster Universitario en Avogacía, o alumnado deberá superar os 90 ECTS dos que consta o máster.