Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8631

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle (expediente planeamento urbanístico 2013010722).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria, do 27 de xaneiro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«17. Aprobación inicial do estudo de detalle de reaxuste de aliñacións e rasantes na rúa da Asunción. Expediente planeamento urbanístico 2013010722.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade acordou:

1º. Aprobar inicialmente o estudo de detalle de reaxuste de aliñacións e rasantes na rúa da Asunción, por pedimento de Josefa Zorrilla Álvarez en representación da Xunta de Compensación da zona 4 do SU-25.

2º. Sometelo a información pública polo prazo mínimo de vinte días, mediante anuncios que se publicarán no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, e notificación individualizada aos titulares de bens e dereitos no ámbito».

Ourense, 30 de xaneiro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente