Por Resolución da Alcaldía, do 28 de xaneiro, aprobouse o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas para a contratación, mediante procedemento aberto (con varios criterios de valoración), do servizo de axuda no fogar do concello de Cerdedo, de acordo co seguinte cadro de características:
Denominación: servizo de axuda no fogar do Concello de Cerdedo.
Orzamento total estimado: 70.000 euros.
Orzamento base licitación:
– 11,20 €/hora: luns a sábado.
– 12,50 €/hora: domingos e festivos.
Garantía provisional: non se exixe.
Garantía definitiva: 5 % do prezo estimado do contrato (IVE excluído).
Duración do contrato: un ano.
Criterios de adxudicación:
– Plan de prestación do servizo: 8 ptos.
– Melloras ofertadas: 3 ptos.
– Oferta económica: 1 ptos.
Información: o prego de cláusulas deste contrato estará á disposición dos interesados na Administración xeral do concello ou consultando o perfil do contratante.
Proposicións: poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, das 8.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao do último anuncio da licitación que se publique no Boletín Oficial da provincia ou no DOG.
Gastos dos anuncios: os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Cerdedo, 4 de febreiro de 2014
Silvestre José Balseiros Guinarte
Alcalde