De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0041/2014-PPM e dous máis.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Coruña, situadas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 11 de febreiro de 2014
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0041/2014-PPM.
Persoa interesada: Elías Paxon de Oliveira.
Acto de notificación: inicio.
Último domicilio coñecido: Paseo Marítimo, 8-10, B, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0046/2014-PPM.
Persoa interesada: Juan Emilio Seijas Fernández.
Acto de notificación: inicio.
Último domicilio coñecido: José González Chas, 13, 1º dta., A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0004/2014-PPM.
Persoa interesada: Rosa Romero Borja.
Acto de notificación: inicio.
Último domicilio coñecido: Alimar 2000, A Ponte da Pasaxe, A Coruña.