De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio dun procedemento para declarar o reintegro parcial da axuda relativa ao expediente de subvención número 11270244/2009 (Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009).
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.
Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2014
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar o reintegro parcial da axuda relativa ao expediente de subvención número 11270244/2009-obra non executada.
Interesado: Manuel Arias Dorado.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último domicilio coñecido: rúa Conde, 48, 3 E, 27003 Lugo.